O Concello inicia o derrube da ‘narcovivenda’ de Romero Ortíz

RIBEIRA> A pesar de que a zona estaba valada e se prohibira a circulación ante o risco de que a vivenda se viñera abaixo, non foi ata esta mañá cando se iniciou a súa demolición.

A empresa, contratada polo Concello, iniciou o derrube do inmoble de xeito controlado e de forma gradual, debido principalmente ó risco de caída que presenta.

Os traballos permitiron ademais aclarar as sospeitas de que puidese haber algunha vítima mortal no seu interior, algo que non se puido certificar ata de agora ó non poder acceder ó seu interior.

A casa era empregada por varios ‘okupas’, ademais de ser un punto habitual de venda e distribución de droga.

Estes días o Concello iniciou tamén a demolición doutro inmoble situado no lugar de Campos, na parroquia de Carreira, que permitirá mellorar a seguridade viaria na coñecida curva da Muiñeira.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí