RIBEIRA> A área de Educación, organiza visitas de alumnos de segundo ciclo de ESO e de Bacharelato dos distintos centros de Educación Secundaria do municipio ó Centro Cultural Lustres Rivas, co obxecto de visitar a exposición ‘Rubens, Gravados’, que se exhibe dende o pasado 13 de decembro. A primeira desta serie de visitas guiadas tiña lugar hoxe e correspondeulle ós alumnos do IES Leliadoura. Para a vindeira semana, o martes visitarán o centro cultural alumnos do colexio Galaxia; o mércores 29, do colexio Bayón e do IES Número 1; e o xoves 30, dos colexios A Milagrosa de Oleiros e Galaxia. Tamén está prevista a asistencia do colexio Sagrado Corazón de Castiñeiras, se ben está prendente de concretar data de visita. A exposición “Rubens, gravados” está composta por 45 obras nos que un conxunto de prestixiosos artistas de entre os século XVII e comezos do século XX reproducen algunhas das máis relevantes creacións do mestre da pintura flamenca. A exposición provén dos fondos da Fundación Museo de Gravado, de Artes, e poderá ser visitada ata o 1 de febreiro. Está aberta de luns a venres, de dez a dúas polas mañás e de cinco a nove polas tardes. Os sábado o seu horario é de once a dúas.
Inicio Cultura