O executivo sonense aproba provisionalmente o PXOM

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/27/aprobacionpxomson270114.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/27/aprobacionpxomson270114.mp4{/flowplayer} PORTO DO SON> O documento será agora reenviado á Xunta para a súa revisión, que deberá darlle a súa aprobación definitiva. Un trámite que podería estar rematado antes do verán. Nun pleno caracterizado pola tensión e o enfrontamento, o equipo de goberno, PP e AVS, aprobou provisionalmente en solitario o Plan Xeral de Ordenación Municipal. Trátase dun dos últimos pasos a dar antes da súa aprobación definitiva por parte da Xunta. O executivo local destacou a importancia do novo planeamento, polo que se rexerá o urbanismo do concello durante os próximos vinte anos. Os grupos da oposición, BNG e PSOE, criticaron diversos aspectos do planeamento. Así a voceira nacionalista Ánxela Franco, botou en falla que non se tivera en conta ós grupos da oposición na súa elaboración , así como tamén o escaso tempo para poder preparar e analizar o documento. Para a nacionalista este non é o PXOM que agardaban, cun crecemento urbanístico cara a costa e cara a zonas nas que non existen nin accesos nin servizos. Tampouco están de acordo coa inclusión da variante de Portosín, obra coa que están en contra. Para o portavoz socialista, Xoán Pastor Rodríguez, o equipo de goberno volve a incidir en erros que xa foron alertados na aprobación inicial. Non están de acordo con que se inclúa a zona verde portuaria da fachada marítima no Plan Especial de Portos e tampouco comparten a redución no crecemento de vivendas. A intención do executivo sonense é que o plan poida estar aprobado de xeito definitivo antes do verán.