Ribadumia pecha o seu tanatorio ata resolver a súa situación ilegal

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/30/tanatorio_ribadumia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/30/tanatorio_ribadumia.mp4{/flowplayer}

RIBADUMIA> Ribadumia pecha o seu tanatorio. A decisión do concello é temporal, e ven dada pola situación de ilegalidade na que, aseguran dende o goberno local, se atopan as instalacións. Tras encargar aos técnicos municipais a revisión total do expediente do establecemento, o executivo de David Castro asegura que o tanatorio non ten licenza de actividade nin de construción. Algo que contradí a versión da ex alcaldesa popular Salomé Peña.

O tanatorio de Ribadumia non conta con ningunha licenza para estar funcionando. Así o ven de asegurar o actual equipo de goberno, que incluso tomou a determinación de pechar as instalacións de xeito temporal.

Segundo o rexedor, a problemática co tanatorio vai máis aló que a falta de licenza da Consellería de Medio Ambiente denunciada nun primeiro momento. Algo que contradí a versión que hai só uns días ofrecía a exalcaldesa, Salomé Peña.

David Castro asegurou que xa teñen traballando aos técnicos municipais para solucionar esta situación canto antes, e poder pór en marcha o tanatorio con todas as garantías.

Durante este peche temporal, os veciños de Ribadumia poderán acceder ao servizo de tanatorio do centro Geriatros do concello.