Ravella adquire unha furgoneta grúa para o seu parque de maquinaria municipal

VILAGARCÍA> Ravella incorpora un novo vehículo ao seu parque móbil. Unha furgoneta con grúa na súa parte traseira, que ten un custe do redor dos 65.000 euros, e que permitirá garantir a seguridade e a realización de traballos que requiran de altura.
Este é o novo vehículo que o concello de Vilagarcía incorpora a súa flota de vehículos cos que garante os servizos do municipio. O concelleiro de obras, Lino Moiuriño, estivo presente esta mañá, na presentación aos medios, e xustificou a súa adquisición coa necesidade de renovación que plantexan certas maquinarias municipais.
Unha nova equipación que ten un custo preto aos 65.000 euros e que se financiará con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra do ano pasado. Con esta nova incorporación, dende Ravella, pretenden renovar progresivamente a maquinaria municipal.
Unha adquisición, coa que segundo afirmou o edil se da cumprimento ao compromiso do goberno local, que dende hai tres anos, de ir mellorando as maquinarias que a súa vez permitan mellorar os servizos que se imparten aos cidadáns.