A viticultura a exame no bacharelato de excelencia do IES Ramón Cabanillas

CAMBADOS> María, Andrés, Jorge, Claudia, Julia, Esteban, Noa, Rubén, Uxía, Adrián, Jesús e Ana, son os doce alumnos do IES Ramón Cabanillas de Cambados, que este curso e o que ven estudarán o bacharelato de excelencia. Unha iniciativa que se estrea este ano, e na que tan só participan 15 centros galegos, entre os que se atopa este cambadés.
Remata a semana pero non sen antes achegarnos ata o IES Ramón de Cabanillas para coñecer de cerca que é iso do bacharelato de excelencia que neste curso participarán uns 12 estudantes.
Nesta primeira edición o proxecto cambadés é puramente científico, aínda que non desbotan a posibilidade de que en vindeiras edicións poida dirixirse pola rama de humanidades.
Estes rapaces cursarán o seu itinerario normal de bacharelato nun grupo máis reducido e dedicaran dúas horas semanais a preparación dun proxecto relacionado co entorno cambadés; a viticultura.
Unha opción formativa que canto menos resulta interesante a este grupo de estudantes.
Sexa como sexa o que queda claro é “que o saber non ocupa lugar” e que estes cambadeses verán enriquecida a súa formación nunha das etapas máis importantes da súa vida, porque será o remate do bacharelato cando tomen unha das decisións que marcarán en gran medida o seu futuro… así que moita sorte!!!