Saen a licitación as obras de execución do novo mercado

    RIBEIRA> As empresas dispoñen dun prazo de 26 días naturais a partir de mañá venres para presentar as súas propostas. O Boletín Oficial da Provincia recolle hoxe o inicio do prazo para a presentación de ofertas para a execución das obras do proxecto do novo mercado municipal de Ribeira, unha actuación incluída dentro da iniciativa ‘Riveira Atlántica’, e que está cofinanciada nun 70% con fondos Feder, da Unión Europea. As empresas interesadas contan cun prazo de 26 días naturais a partir de mañá venres para presentar as súas ofertas no rexistro xeral do concello. O orzamento de licitación ascende a preto dos tres millóns de euros, IVE incluído, e o prazo de execución é de 10 meses. Tal e como se deu a coñecer recentemente, durante a presentación, o novo proxecto mantén en liñas xerais a aparencia do edificio deseñado anteriormente, modificacións introducidas perseguen sobre todo acadar unha maior flexibilidade de uso das distintas plantas, ó tempo que dar ó inmoble unha concepción unitaria que favoreza un maior atractivo comercial. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/30/ofertasobrasmercadoribeira300114.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/30/ofertasobrasmercadoribeira300114.mp4{/flowplayer}