A Xunta realiza en Muros un simulacro de incendio forestal

MUROS> A actividade, organizada pola Dirección Xeral de Emerxencias e a consellería de Medio Rural, forma parte do Plan Especial de Protección Civil ante emerxencias de Galicia.

Co desenvolvemento deste tipo de exercicios que tentan simular un incendio forestal real, o que se busca é poñer a proba os mecanismos de resposta e coordinación entre tódolos operativos que participan neste tipo de emerxencias. A practica na que tomaron parte uns cen figurantes simula a declaración dun lume no monte de Serres, de nivel 2, no que a súa evolución implica un risco para os veciños  de varias aldeas próximas.

A práctica realizada enmárcase no Plan Especial de Protección Civil ante emerxencias de Galicia preparado xa de cara a tempada estival.