Estudan a reordenación do tráfico no casco urbano de Porto do Son

    PORTO DO SON> Un dos proxectos que baralla o executivo pasaría pola peonalización da rúa Camiño Novo, unha das principais arterias comerciais da vila.

    Dende hai tempo o executivo sonense traballa nun ambicioso proxecto que persegue a humanización dos cascos urbanos de Portosín e Porto do Son. Neste último caso, técnicos municipais están a piques de rematar un estudo de reordenación do tráfico no centro da vila que permitiría peonalizar totalmente a rúa do Camiño Novo, unha das principais arterias comerciais da vila, onde se concentran a maioría dos negocios. O proxecto iría aparellado a outras dúas actuacións no casco urbano, cuxa adxudicación será inminente, como é o caso da rehabilitación das rúas da Roda e a Atalaia, que pasarán a ser de sentido único. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/07/proxectopeonalizacioncaminonovoportodoson071113.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/07/proxectopeonalizacioncaminonovoportodoson071113.mp4{/flowplayer}