Aparece morto un ancián de Poio tras un presunto atraco á súa casa

POIO> A garda Civil investiga o falecemento en estranas circunstancias dun home de Poio, de 84 anos, que esta noite aparecía morto nun galpón ó carón da súa casos con signos de ter sido agredido. Os axentes descubriron o corpo tras ser alertados de que se estaba a producir un roubo no domicilio da vítima. Son poucos os datos que transcenderon ata o momento pero parece que todo apunta a un violento asalto que rematou en morte. Tería sucedido onte a noite, cando a Policía recibiu unha chamada alertando dun roubo no número 96 Do lugar de Chancelas, en Combarro, Poio. Cando os axentes chegaron ó lugar atoparon a un home de 84 anos, propietario da vivenda, tirado nun galpón anexo ó edificio. Ó parecer presentaba cortes e lesións que fan pensar que a vítima sufriu algún tipo de agresión. Cando os sanitarios do 061 chegaron ó lugar non puideron facer nada polo ancián. Falecera. Pasadas as dúas da tarde de hoxe, varias patrullas da Garda Civil permanecían aínda no lugar recadando probas para recompoñer o suceso. O lugar permanece acordoado e todo parece indicar que a morte se produciu despois do asalto á vivenda, pois unha das fiestras do edificio apareceu rota. Ademais, a vítima xa sufrira hai uns meses outro roubo violento, suceso polo que presentara a pertinente denuncia. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/03/sucesochancelas.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/03/APARECE_CORPO_CHANCELAS.mp4{/flowplayer}