Os traballadores sanitarios piden información sobre o futuro dos hospitais

PONTEVEDRA> A Xunta de Persoal dos traballadores dos hospitais pontevedreses pide transparencia e compromiso á xerencia da área sanitaria e a Consellería de Sanidade. Aseguran sentirse desinformados de acordos que lles afectan e denuncian a escasa contratación temendo a privatización.

 

Os representantes dos traballadores dos hospitais de Pontevedra reuníronse no Parlamento de Galicia cos grupos políticos de BNG, AGE, Grupo Mixto e PSOE para solicitarlles información, que lles negan segundo din, dende a xerencia da área sanitaria e que é relativa ao concerto que ten o SERGAS co grupo Quirón, actual dono do Hospital Domínguez, para saber cantos pacientes se derivan a con qué patoloxías.

Tamén expresaron a súa desconfianza ante as promesas do conselleiro de Sanidade e dende a Xunta de Persoal indicaron que a maioría da mesma prefire que se faga unha ampliación no hospital de Montecelo pero o que queren o 100% dos seus 27 membros é que o seu financiamento e xestión sexa 100% pública.

O 2 de maio os representantes dos sindicatos sanitarios terán unha asemblea para decidir que accións levar a cabo se se mantén a incomunicación coa Consellería de Sanidade.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/27/rp_sanidade_reunions_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/27/rp_sanidade_reunions.mp4{/flowplayer}