Mesmos problemas e máis alcaldes: o PP de Poio fai balance do primeiro ano do tripartito

POIO> O PP de Poio tamén fai balance do primeiro ano de goberno tripartito no municipio. Os populares consideran que o concello segue a te-los mesmos problemas que hai un ano, pero agora con máis soldos, máis asesores e máis alcaldes. Aseguran que a súa foi unha oposición construtiva e responsable, fronte a un goberno, segundo din, desganado e desaparecido.

Se hai uns días era o tripartito o que facía balance do seu primeiro ano de traballo, hoxe foi a quenda do PP. Os populares din que nada mudou e que os veciños seguen a padece-los mesmos problemas.

Moldes entende que os tres grupos de goberno non son quen de traballar de xeito coordinado. Asegura que na transparencia deixan moito que desexar, que incumpren a xestión racional dos recursos e que a súa incapacidade de xestión quedou demostrada durante a crise do coronavirus. Di tamén que o executivo non foi quen de fomenta-la participación veciñal, unha das grandes apostas do mandato.

Os populares, iso si, din que o seu labor como oposición foi construtiva e responsable.

Moldes fixo alusión tamén á “manobra incomprensible”, dixo, que fixeron os 3 grupos neste último mes trala xubilación de Luciano Sobral e que implicou, segundo explican que a concelleira Marga Caldas herdase o seu soldo xusto no momento en que os veciños peor o están pasando.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí