Caras coñecidas e representantes de varios sectores para defender o pantalán do Náutico

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/05/rcns_fondeos_pantalans.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/05/rcns_fondeos_pantalans.mp4{/flowplayer} <hr id=”system-readmore” />

    SANXENXO> O Náutico de Sanxenxo mobilízase na defensa do seu novo pantalán. Nunha concorrida rolda de prensa, o Club rodeouse de representantes de diferentes sectores e caras coñecidas que manifestaron o seu apoio ás obras que se están a realizar no porto.

    Que o novo pantalán non prexudica á praia da Panadeira, foi o argumento máis repetido polo presidente do Náutico de Sanxenxo na súa primeira comparecencia para falar desta polémica.

    Outra razón que se puxo sobre a mesa, foi que o pantalán permitiu a consolidación do Centro Nacional de Vela adaptada. Algo que, aseguraron, sitúa a Sanxenxo como referencia a nivel estatal.

    O Náutico rodeouse do apoio de representantes de diferentes sectores e de caras coñecidas, e que nas súas intervencións destacaron o papel dinamizador que o Club xoga en Sanxenxo, tanto a nivel deportivo como económico.

    Ademais, Campos insistiu en que as obras contan con todos os permisos precisos. Por iso os seus plans non contemplan unha paralización dos traballos.

    O patrón maior de Sanxenxo, a medallista olímpica Támara Echegoyen e os presidentes da Federación Española e Galega de Vela e Aznauga, tamén defenderon o proxecto do pantalán que, segundo o Náutico, ingresará ás arcas públicas ata 100 mil euros ó ano.