PORTO DO SON> A cita presentada oficialmente esta mañá terá lugar os días 21 e 22 de decembro. O primeiro día coas carreiras escolares e o segundo coa disputa da proba absoluta. Prevese unha participación superior ós dous mil corredores.
Convertida xa co paso dos anos nunha das probas máis importantes do calendario de carreiras populares, a Sin-Son 10K chega este ano coa intención de superarse. Cada vez son máis o número de corredores que deciden participar nela, non só da comarca, senón que cada vez veñen máis participantes de fóra, atraídos pola beleza do percorrido, unha das poucas que se celebran en liña, e tamén pola boa organización.
Este ano volverá a contar con nomes destacados non só a nivel autonómico senón tamén nacional.
Unha das novidades este ano será a inclusión da categoría handbikes para atletas con discapacidade.
As incricións estarán abertas ata o día 17 de decembro.