‘Petra’ arrasa co tellado do colexio de Viñagrande

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/05/consecuencias_temporal.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/05/consecuencias_temporal.mp4{/flowplayer} <hr id=”system-readmore” />

VILANOVA> Petra deixouse sentir por todo o Salnés. Pero unha das incidencias máis graves rexistrouse en Vilanova. A forza do vento levou por diante medio tellado do colexio de Viñagrande, en San Miguel de Deiro.

Hoxe, técnicos da xefatura provincial de Educación visitaron as instalacións para valorar a situación e comezar os traballos de reparación. Aínda que non se manexan cifran oficiais, estímase que os custos das reparacións poderán acadar os 80 mil euros.

Polo de momento, os importantes danos obrigaron a suspender as clases hoxe. Unha medida que se manterá ata novo aviso.

Pero a tranquilidade tardará en chegar. O Salnés prepárase para recibir esta madrugada a Qumaira, unha borrasca que traerá fortes ventos e chuvias intensas durante todo o día de mañá. A Axencia Estatal de Meteoroloxía xa activou a alerta laranxa entre as seis da mañá e as nove da noite, con ventos de ata 130 km por hora. O venres pola noite será a borrasca Ruth a que azoute a comunidade.