Esta fin de semana dá inicio a tempada de bateis

POBRA> A regata terá lugar na Pobra do Caramiñal, baixo a organización do Club de Remo Puebla, e nela tomarán parte distintos clubs da zona. O club de remo Puebla en colaboración co concello, organizan para este próximo sábado unha regata de bateis, coa que se dá inicio á tempada. Na proba, de preparación, tomarán parte a totalidade dos clubs da zona, incluído o Club Náutico de Ribeira, entidade de recente creación e que competirá este ano co resto de clubs da zona. Dende o concello destacaron o importante labor que desenvolve o club de Remo Puebla ó longo do ano, animando a tódolos veciños a acudir a presenciar esta regata. O peirao da Pobra do Caramiñal será escenario tamén doutras probas de nivel ó longo do presente ano, así está prevista a celebración a fin de semana do 12 e o 13 de abril do Campionato Territorial Norte de Bateis e o 19 e 20 dese mes o Campionato Galego.