Porto do Son estuda a construción dunha nova casa consistorial

    PORTO DO SON> O concello de Porto do Son estuda a reforma integral da súa casa consistorial. O actual inmoble presenta numerosos problemas de espazo para albergar as dependencias municipais. Os servizos técnicos apostan polo derrube do edificio para construír un novo, adaptado á súa contorna. Xa hai tempo que o concello de Porto do Son encargou un anteproxecto para determinar a viabilidade de realizar unha reforma que permitise ampliar a capacidade da casa consistorial. Sen embargo, os servizos técnicos apostan por unha solución moito máis drástica. Trátase dun proxecto ó longo prazo para o cal o equipo de goberno traballa xa na busca de financiamento procedente doutras administracións.