Rianxo en Común critica a falla de iniciativa a nivel municipal

RIANXO> Rianxo en Común volve denunciar a falta de iniciativa do goberno municipal, principalmente en relación cos orzamentos. A piques de rematar o mes de marzo non se ten presentado unha prosposta presupostaria. Se ben a formación rianxeira amósase crítica coa falta de dilixencia á hora de aprobar o documento máis importante para a acción municipal, si recoñecen a boa xestión do executivo no día a día. Pola contra, botan en falla o desenvolvemento de catro grandes proxectos de relevancia para o municipio.Consideran que estes temas, que xa estaban sobre a mesa ó principio da lexislatura, deberían ser prioritarios e figurar ó mesmo nivel que os proxectos de áreas como Cultura e Deportes con gran dinamización.