O 7º Festival de Cine Mares da Fin do Mundo celebrarase en Ribeira

RIBEIRA> O Festival Mares da Fin do Mundo celebrarase este ano en Ribeira. A mostra documental trasládase ata a capital do Barbanza nesta sétima edición. Naceu en Carnota onde se desenvolveu durante dous anos e consolidouse en Outes, que acolleu as catro últimas edicións.

A Asociación cultural Mares da Fin do Mundo e o concello de Ribeira veñen de subscribir un acordo para celebrar a mostra internacional de cinema documental na capital do Barbanza. O festival trasládase a Ribeira para conseguir unha maior proxección tralos últimos catro anos desenvolvéndose en Outes.

Aínda non hai data oficial para a celebración da mostra que se celebrará durante o segundo semestre do ano e en tempada baixa para favorecer a afluencia de visitantes.

O festival naceu en 2018 no concello de Carnota coa fin de poñer en valor o medio ambiente mariño e a pesca artesanal. En 2020 deu o salto a Outes consolidando o formato e ampliando a súa duración ata as cinco xornadas.

Inserto Anxo

Agora busca ampliar audiencia atraendo a novos públicos co seu traslado a un concello máis grande en termos poboacionais e con ampla vinculación co mar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí