A Pobra reivindica o papel da muller na ciencia

    POBRA> A Pobra acolle esta fin de semana a terceira edición do Congreso ‘Muller e Ciencia’. Catro destacadas profesionais participarán neste encontro que busca poñer en valor o traballo realizado por numerosas científicas e investigadoras, en ocasións pouco recoñecido. O Museo Valle Inclán será a sede destas xornadas que comezarán mañá cos conferencias da bióloga Carmela Valiño e a doutora en física, Ana Jesús López Díaz sobre a aplicación da ciencia a diversos proxectos. O sábado intervirán Rosa Mosquera, doutora en ciencias biolóxicas e Raquel Barbosa, médica especialista en medicina preventiva que abordarán os sistemas agroforestais na loita contra os incendios e a incidencia do gas radón en Galicia. Con esta terceira edición, o goberno da Pobra consolida o seu compromiso coa posta en valor do papel das mulleres en tódolos eidos.