Os alumnos de Viñagrande compartirán aulas cos de Tremoedo

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/07/VINAGRANDE.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/07/CAMBIO_COLEXIO_VILANOVA.mp4{/flowplayer} VILANOVA> A partir do luns os cativos volverán a ter clase pero non no seu centro. A desfeita que o temporal do mércores causou na cuberta do centro de San Miguel obrigará a executar unha reparación que se alongará entre tres e catro semanas. Durante ese tempo, os alumnos serán redistribuídos entre o colexio de Tremoedo e a Casa da Cultura. A partir do próximo luns os alumnos do colexio Viñagrande, en San Miguel, estrearán compañeiros de clase. E é que as obras na reparación do tellado do centro van a durar máis do que pensaban no concello e a concellería de Educación decidiu tomar a medida para que os cativos non sigan máis días sen clase. Os alumnos repartiranse por tanto entre o colexio de Tremoedo e a Casa da Cultura, cando menos durante as próximas tres o catro semanas. O temporal do mércores levantou as uralitas do tellado, que xa estaban bastante deterioradas, e segundo o alcalde, será necesario renovar practicamente toda a cuberta, xa que arranxala por zonas sería poñer un ‘parche’ e probablemente ter o mesmo problema máis adiante. Para cubrir a reorganización do alumnado estableceranse quendas entre os mestres dos dous centros para axustar os horarios lectivos e habilitarase transporte escolar especial.