Aumento considerable do número de candidaturas

GALICIA> A falta dunha semana para que se peche o prazo de admisión de candidaturas ó terceiro Premio Internacional de Investigación Oncolóxica Ramiro Carregal – Fundación La Rosaleda, esta edición será a de maior número de candidaturas, dobrando incluso as recibidas nos dous anos anteriores. O premio, dotado con quince mil euros, é un dos de maior contía no seu ámbito e permitirá ó gañador poder iniciar ou continuar o seu traballo no ámbito da investigación oncolóxica. O prazo de recepción continúa aberto, polo que todos os interesados en optar ó premio poderán enviar a súa candidatura ata o próximo día 18 de febreiro por correo certificado ó Apartado de Correos 50 de Santiago de Compostela ou á dirección Santiago León de Caracas, 1 – 15701 Santiago. Tamén se poden entregar na recepción do Hospital La Rosaleda, nesta mesma dirección, ou enviar ó correo electrónico prensa@fundacionlarosaleda.org . En canto se peche o prazo de presentación, o Xurado do Premio, reunirase para avaliar todas as candidaturas e outorgar o galardón desta terceira edición. O fallo farase público a partir do 17 de marzo nos medios e a través da páxina web da Fundación La Rosaleda.