Máis de mil unidades foron doadas no marco da ‘Lata Solidaria’

GALICIA> En tempos de crise, dispárase a solidariedade e xorden numerosas iniciativas co fin de axudar a aqueles que máis o necesitan. Nesta liña ANFACO-CECOPESCA, en colaboración co Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medioambiente, a Unión Europea e FESBAL, organiza a segunda edición de ‘Unha lata solidaria’, unha campaña que doará conservas de pescados e mariscos á Federación Española de Bancos de Alimentos. Para que funcione esta iniciativa é necesaria a interacción do público en xeral, os cales deben doar virtualmente latas a través da páxina ‘Club de Amigos de las Conservas’ da rede social Facebook. Unha vez dentro da páxina, hai que xirar o temón para descubrir a doazón que realizaremos (pode ser 1 lata, 5 latas ou inclusive 10). Ata o de agora, o Banco de Alimentos xa conseguiu máis de 1.000 latas provintes da solidariedade dos navegantes. Non obstante, ANFACO ten a intención de superar as 7.000. Poderase participar ata finais de setembro, así que xa saben, non perdan a oportunidade de axudar xogando.

Máis información en www.unalatasolidaria.es e na páxina de Facebook, Club Amigos de las Conservas.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/2/latasolidaria1.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/28/latasolidaria.mp4{/flowplayer}