BOIRO> A Asociación Boirense de Empresarios organiza unha nova edición da Noite Aberta. Será este sábado durante toda a xornada. Ademais dos descontos que ofrecen os establecementos participantes haberá actividades de animación e sorteos de premios na ruleta da sorte.
Uns 30 establecementos participarán na noite aberta que se celebrará este sábado en Boiro. Abrirán en horario especial e ofrecerán descontos ós seus clientes que poderán tamén disfrutar de sesións DJ, agasallos e degustacións organizadas polos distintos locais.
Durante toda a xornada haberá tamén animación de rúa coas actuacións itinerantes de ‘Os pequenos do Barbanza’ e Circo Pistacatro.
A ABE volverá sacar á rúa nesta ocasión a súa ruleta da sorte na que os tiquets de compra darán dereito ás tiradas coas que optar a numerosos agasallos e vales desconto.
Ademais, os tickets rexistrados en abe.gal nesta xornada para o catálogo de agasallos da ABE puntuarán dobre.