A POBRA> A Conselleira de Política Social participou nun encontro de Xuventude Mentoring desenvolvido esta mañá na empresa Congalsa da Pobra. O obxectivo deste programa, impulsado pola Xunta dende hai tres anos, é facilitar ós mozos que rematan a súa formación o contacto coas empresas de cara a acceder ó mercado laboral.
Son moitas as dúbidas que xorden entre a mocidade que remata a súa formación e inician o camiño para incorporarse ó mercado laboral. Co obxectivo de darlles resposta, a Xunta de Galicia poñía en marcha hai tres anos o programa Xuventude Mentoring no que, dende entón, vén colaborando a empresa Congalsa.
Ademais de coñecer en que consiste o traballo ó que se queren dedicar, os mozos que participan neste programa teñen acceso a outra información como os perfiles que demanda o mercado ou as claves á hora de afrontar unha entrevista.
Dado o grande éxito deste programa, polo que xa teñen pasado 420 mozos galegos, a Xunta vén de aprobar tamén un programa complementario: o Xuventude Mentoring Empresa que facilita estadías formativas para a realización de prácticas empresariais por períodos de tres meses.