RIBEIRA> O alcalde, Manuel Ruíz, recibía a unha representación de empresarios do municipio co fin de analizar as posibilidades de crear máis chan industrial, dado a importante demanda existente. Dende hai tempo a Asociación de Empresarios de Ribeira, a nivel colectivo, e diversos empresarios, a título particular, viñan demandando a necesidade de dotar de máis chan industrial ó municipio. Actualmente os dous polígonos existentes no municipio, tanto o de Xarás coma o de Couso, atópanse ocupados, sen parcelas dispoñibles. A outra posibilidade existente, que se abría coa construción do polígono comarcal, un proxecto da Xunta agora paralizado pola falla de investimento, provoca que moitas firmas non dispoñan dun lugar axeitado no que poder instalarse ou mesmo ampliar o seu negocio. Ante esta situación, un grupo de empresarios do municipio, entre os que se atopaba o propio presidente da patronal local, Antonio Miranda, mantiveron un encontro co alcalde, Manuel Ruíz, para trasladarlle esta problemática. O rexedor trasladoulle que o concello baralla actualmente varias alternativas. Unha delas, a preferida pola maioría dos asistentes á reunión, é a creación dunha nova bolsa de chan industrial nunha zona próxima ó polígono de Xarás, máis concretamente no lugar da Carballa, por reunir as condicións óptimas para acometer esta acción, en canto a menor impacto visual, menores custos de realización e boas comunicacións ó estar directamente situada na saída da autovía. Na xuntanza aludiuse a que o número de metros cadrados que inicialmente sería necesario construír está cifrado nuns 50 mil, segundo as demandas trasladadas polos propios empresarios. Ante esta situación o equipo de goberno ten previsto elaborar un estudo de custes que indique con detalle o alcance do investimento necesario para acometer esta actuación e así poñelo a disposición das empresas interesadas. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/14/reunionalcalderibeiraempresarios140214.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/14/reunionalcalderibeiraempresarios140214.mp4{/flowplayer}
Inicio Barbanza - Muros - Noia










