BARBANZA> Malestar no sector pesqueiro galego polo novo regulamento europeo de control. As confrarías critican as novas medidas que obrigan, entre outras cuestións, a rexistrar as súas capturas de forma electrónica e a estar xeolocalizados. Contra isto, anuncian mobilizacións. A flota artesanal non sairá a faenar este venres e convocan unha protesta para as doce do mediodía en tódolos portos.
A flota artesanal vén de mostrar o seu malestar e a súa indignación ante a aprobación por parte do Parlamento Europeo do Novo Reglamento de Control. Dende a Federación Galega de Confrarías considérano totalmente inxustificado.
Entre outras cuestións o novo regulamento establece que os barcos teñan que rexistrar as súas capturas de forma electrónica e a obrigatoriedade de estar xeolocalizados. algo que consideran desproporcionado.
E xa anuncian mobilizacións. Este venres non sairán a faenar e preparan para ese día tamén un paro en tódolos portos.
Ó mesmo tempo a Federación de Confrarías prepara tamén unha moción tipo que será presentada en tódolos concellos galegos na busca de apoios a súa solicitude e demandarán o cese da eurodeputada socialista Clara Aguilera, poñente da iniciativa española que non tivo en conta as peticións do sector.