Educación e Deputación apostan pola normalización lingüística

    conselleiro_educacion_copy100.jpgPONTEVEDRA> O Conselleiro, Xesús Vázquez, asinou esta mañá un convenio de colaboración coa Deputación de Pontevedra para desenrolar actuacións en materia de normalización lingüística na  Administración e na cidadanía.

    {flowplayer}images/salnes/CONSELLEIRO_EDUCACION.flv{/flowplayer}

    Asesoramento lingüístico e de promoción social da lingua galega son algún dos obxectivos do convenio que veñen de asinar o Conselleiro de Educación, xesús Vázquez, e o Presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán. Ademais, a través deste acordo Vázquez engade que se trata de promover o galego dentro da administración local polo que se ofrecerá asesoramento lingüístico a tódolos concellos.

    Segundo o Presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán trátase dun convenio que tenta garantir a liberdade lingüística, sen esquecer a defensa do galego.

    No marco deste convenio tamén se establece a participación entre a Deputación de Pontevedra na Rede de Dinamización Lingüística.

    O acordo tamén contempla actuacións formativas entre as que se levarán a cabo tres cursos de Linguaxe Administrativa.

    Redacción Salnés