NOIA> Construída en 1327 sobre outra igrexa máis antiga que data xa do século XII, o templo de Santa María a Nova constitúe un dos elementos relixiosos e patrimoniais máis importantes de Noia, á que a diario acoden centos de visitantes.
Declarada monumento histórico artístico en 1973, está dedicada a museo, e nela recóllese unha mostra singular de laudas sepulcrais que datan dos séculos XIV ó XIX.
Dende hai varios anos o Concello busca a súa rehabilitación, debido ó seu avanzado estado de deterioro, para o que xa realizou incluso un proxecto, que precisa agora financiamento.
Sería só un primeiro paso, xa que o Concello ten en mente un proxecto máis ambicioso para ampliar o actual museo de laudas gremiais.











