Presentada a Alianza Social Galega no Barbanza

    BARBANZA> O seu primeiro acto na comarca será unha manifestación convocada para o próximo día 27 de febreiro en contra das políticas de recortes. De recente constitución no Barbanza, esta mesma tarde presentábase oficialmente en Ribeira a Alianza Social Galega. A nova entidade aglutina, ademais dos tres sindicatos maioritarios en Galicia: CC.OO, UXT e CIG, a máis de cincuenta entidades e asociacións de distintos sectores e ámbitos, como a cultura, a sanidade ou a educación. Nace coa finalidade de facer fronte ás actuais políticas de recortes que están a levar a cabo, tanto o Goberno Estatal coma o Autonómico, con consecuencias graves para a maioría dos cidadáns do país. A Alianza Social Galega ten convocado mobilizacións para o vindeiro 27 de febreiro nas principais cidades e vilas galegas. Baixo o lema ‘Por outra saída da crise’, a Alianza entidade desenvolverá tamén no Barbanza unha manifestación ese día que partirá da estación de autobuses de Ribeira ás oito da tarde, para a que fan un chamamento á cidadanía desta comarca. A reforma laboral, o recorte das pensións, a nova lei de educación ou a privatización de servizos públicos, entre outras, son algúns dos principais problemas contra os que a Alianza Social Galega pretende mobilizar á sociedade ese día, para que as decisións políticas duns poucos non hipotequen o presente e o futuro dun país enteiro. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/17/presentacionalianzasocialgalega170214.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/17/presentacionalianzasocialgalega170214.mp4{/flowplayer}