O PP de Ribeira esixe fiscalizar o gasto noutras obras ó igual que no auditorio

RIBEIRA> O pleno de Ribeira acordaba desestimar as apelacións da empresa concesionaria do auditorio á apertura dun expediente sancionador polos incumprimentos que derivaron nun importante encarecemento da obra.

Os sobrecustos da obra do auditorio de Ribeira levaron ó concello a abrir un expediente sancionador á empresa que onte foi ratificado tras desestimar o pleno as alegacións presentadas pola adxudicataria.

Dende o PP son partidarios da fiscalización do gasto público aínda que non só no relativo a esta obra senón tamén a outros posibles incumprimentos en proxectos dos que a día de hoxe non teñen información.

Os populares entenden estas obras non só como un gasto senón  como un investimento para o futuro de Ribeira, lembrando ademais que moitas están cofinanciadas cos fondos europeos da EDUSI que acadou un Ribeira unha altísima porcentaxe de execución. Investimento en infraestruturas pero tamén en persoas como os 55 mil euros destinados ó Xantar do Maior que se celebrará este domingo.

Dende o PP critican a dobre vara de medir do actual goberno que, durante a súa etapa na oposición, criticou este gasto cualificándoo de innecesario e obsceno.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí