19 empresas optan á construción da EDAR de Ribeira

    RIBEIRA> A EDAR dará servizo a unha poboación aproximada de 36 mil habitantes, e depurará as augas de Ribeira, Aguiño, Ameixida, Revolta e Castiñeras O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, a través da sociedade estatal Acuaes, recibiu un total de 19 ofertas para a execución das obras e a posta en marcha da depuradora e os colectores xerais de Ribeira. A nova EDAR foi licitada por un presuposto de 24,6 millóns de euros, que serán cofinanciados polo Goberno Central, con cargo ós fondos FEDER da Unión Europea, cun límite máximo do 70%. Mentres que a Xunta, a través de Augas de Galicia, asumirá o 30% restante. O prazo de execución das obras será de 18 meses.