O hotel Tío Manolo faise co concurso ‘Vai de Tapas’ 2014

    NOIA> Noia Histórica fixo entrega dos premios ós establecementos gañadores do concurso ‘Vai de Tapas’ celebrado hai varias semanas. Nos locais da propia asociación, Noia histórica fixo entrega este mediodía dos premios ós gañadores da segunda edición do concurso ‘Vai de Tapas’ que se celebrou na localidade hai varias semanas baixo a organización da patronal local, a confraría de pescadores e o propio concello. O vicepresidente da asociación, Pablo Hermo, e o tesoureiro, Fran García, foron os encargados de entregar os diplomas a cada un dos establecementos premiados. En terceiro lugar o o Irish Pub Mc’ Cool, cunha tapa titulada Mc’ Cool Vintage, en segundo lugar o restaurante Ferrador que participou no concurso cunha tapa cun salteado de setas e berberechos con salsa de castañas, mentres que o gañador desta edición foi o Hotel Tío Manolo cunha tapa, tamén de salteado de berberechos con gulas e gambas. O éxito da iniciativa, xa fai pensar tanto ós organizadores, coma ós participantes nunha nova convocatoria, aínda que podería mudar para o mes de outubro, época do ano na que o berberecho, o produtos estrela de Noia, acada o seu maior nivel.