A residencia de Ribeira, libre de covid

RIBEIRA> A residencia da terceira idade de Ribeira está por fin libre de covid. Esta mañá recibía a alta o último usuario que permanecía con resultado positivo. Un mes despois de detectarse o brote, o centro xestionado por DomusVi dá por superado o brote, que se saldou con 14 falecidos.

O 7 de xaneiro saltaban as alarmas ó detectarse os primeiros infectados na residencia de Ribeira que, ata o momento conseguira manter a raia a covid. O gromo que inicialmente contabilizaba unha vintena de casos estendeuse con celeridade chegando a sumar preto dun cento de infectados, entre traballadores e residentes.

Moitos dos usuarios permaneceron no centro ribeirense mentres que outros foron trasladados ó Cegadi de Santiago para garantir unha mellor asistencia e facilitar as condicións de illamento. Aínda que a maior parte evolucionou favorablemente, houbo que lamentar un total de 14 falecidos ó longo destes preto de 40 días.

Tras recibir a alta a semana pasada o último dos traballadores afectados, hoxe retirábase do cómputo o último residente que permanecía con PCR negativo dando así por pechado o gromo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí