Conclúen as obras na rúa Nordés

    RIBEIRA> O executivo local informou do remate das obras de renovación de servizos e pavimentación efectuadas na rúa Nordés, na parroquia de Aguiño. A actuación, que foi realizada pola empresa Excavaciones Darío, S.L., contou cun investimento de máis de 68 mil euros. Segundo sinalaron fontes municipais as obras viñeron a dar solución os problemas detectados na rede de saneamento ademais das deficiencias existentes no pavimento.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí