Os escolares de Boiro coñecerán de preto a riqueza natural do parque da Cachada

    BOIRO> A boirense Laura Gutiérrez realizou un estudo sobre as especies arbóreas existentes no parque da Cachada, un dos entornos urbanos con maior valor medioambiental. Esta catalogación servirá como punto de partida para traballar con alumnos de primaria e secundaria a través de unidades didácticas que inclúen o contacto directo coa natureza. O parque da Cachada agocha unha amplísima riqueza natural que fai del un dos encraves de maior valor medioambiental de Boiro. De aí que os departamentos de Turismo, Cultura e Educación traballaran conxuntamente neste proxecto de catalogación das especies arbóreas con carácter divulgativo desenvolvido pola boirense Laura Gutiérrez. Ademais da importancia de achegar a natureza ós máis pequenos, cun programa de actividades ó ire libre, este catálogo presenta outro valor xa que é o primeiro inventario científico de especies da Cachada. A intención do concello é darlle continuidade a este programa coa catalogación de novos entornos, como o paseo marítimo de Barraña. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/06/presentacioncadernoarboresacachada0605151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/06/presentacioncadernoarboresacachada060515.mp4{/flowplayer}