A APLU completa a demolición da casa da praia das Pipas

    O GROVE> Rematada a demolición da vivenda da praia das Pipas.

    Traballadores da APLU completaron esta mañá os traballos, que arrancaran o pasado mércores e que foran suspendidos ese mesmo día tras presentar o avogado dos propietarios medidas cautelares na vía penal. Petición que finalmente foi desestimada.

     

    Aínda que a Xunta sostén que se retomaron a primeira hora desta mañá, nun comunicado enviado á prensa a plataforma de afectados polas demolicións asegura que foi a partires das 11 da noite de onte cando volveron á actividade. Por este motivo, acusan á APLU de nocturnidade, premeditación e presunta alevosía. Insisten, tamén, en que a casa era legalizable de existir certa votade política. Pola súa banda, a APLU asegura que a vivenda era ilegal e que non tiña obriga de avisar ós propietarios do inicio dos traballos de demolición. Recorda, ademais, que os propietarios terán que correr con todos os custos, ós que se suman os derivados da suspensión e a retirada das máquinas da finca o pasado mércores.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/21/coleo_demolicion_casa_grove.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/21/coleo_demolicion_casa_grove.mp4{/flowplayer}