SALNÉS> A vía verde do Salnés xa está completamente rematada. A conselleira de medio ambiente e os representantes dos concellos implicados inauguraron hoxe o tramo correspondente a administración autonómica. O investimento da xunta foi de preto de 200 mil euros, destinados á ponte sobre o Umia e ao acondicionamento da vía.
As obras da vía verde do Salnés chegaron ao seu final. O itinerario ao completo xa é unha realidade grazas ao traballo dos concello de Vilagarcía, Caldas e Portas coa colaboración da Xunta e da Deputación de Pontevedra. Para a administración autonómica esta itinerario é un exemplo de economía circular e aproveitamento dos espazos naturais.
As obras da vía chegan ao seu final tras o remate das obras da parte correspondente á xunta de Galicia. A administración autonómica destinou preto de 200 mil euros para a posta a punto da ponte do Umia, as zonas de esparexemento e as sinalizacións.
A conselleira destacou a colaboración dos tres concellos para realizar este proxecto en conxunto. Os concellos destacan o éxito da posta en marcha deste itinerario.
Todas as partes implicadas continuarán traballando para o seu mantemento e a súa promoción. A vía verde preséntase como unha opción moi destacada para ter en conta nesta época tan complicada. O itinerario ten unha lonxitude de case 10 quilómetros de paisaxes naturais, integramente ao aire libre e con zonas de descanso.