Valga reúne os seus empresarios para escoitar as súas reclamacións

VALGA> Empresarios valgueses mantiveron hoxe unha comida de traballo co alcalde da vila. José María Bello convocounos para escoitar as súas demandas. Na cita tamén estivo presente o director xeral de enerxía, Bernardo Tahoces.

Os empresarios valgueses trasladaron este mediodía as súas inquedanzas ao alcalde do municipio. José María Bello convoca aos principais representantes das empresas do concello a unha comida de traballo, para escoitar de primeira man as súas reclamacións.

No xantar sempre hai un representante da Xunta de Galicia. Desta volta, asistiu o director xeral de enerxía. Bernardo Tahoces destacou a importancia do tecido industrial de Valga, así como a súa aposta decidida polas empresas instaladas no municipio.

Entre as peticións que presentaron os empresarios, destaca a solicitude da construción dun apeadoiro na zona industrial de Campaña e Cordeiro. A proposta foi defendida por Andrés Quintá, presidente de Extrugasa, que asegurou que permitiría reducir os custos de desprazamento das mercadorías aos principais portos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí