Pontevedra recibe o prestixioso premio europeo Intermodes 2013

     PONTEVEDRA> O “metrominuto” o rueiro de Pontevedra onde se esquematizan as principais rúas da cidade…

    {flowplayer}images/salnes/premio_mobilidade.flv{/flowplayer}

    … e o tempo estimado andando entre os principais puntos é a novidosa iniciativa que lle ven de facer merecente a Pontevedra do prestixioso premio Intermodes 2013. Este galardón europeo recoñece anualmente ás mellores accións para garantir o transporte intermodal nas cidades europeas. No caso pontevedrés ven a recoñecer este último proxecto “metrominuto” como cumio a unha ampla planificación previa de proxectos destinados a gañar Pontevedra para os peóns; de xeito que a día de hoxe, o setenta por cento dos desprazamentos internos son a pé.

    E é que en Pontevedra nos últimos anos converteuse unha gran área en zona peonil, limitouse o acceso rodado en varios espazos e a velocidade dos vehículos a 30 kilómetros hora no centro urbán; e implantáronse outras medidas encamiñadas á mellora da seguridade viaria e do medioambiente; así como a eliminación de ruídos e da contaminación.

    Este premio, Intermodes, suporá un importante recoñecemento para esta capital de Provincia alén das nosas fronteiras; e o que é máis importante, será un gran revulsivo para a economía local.

    Aínda que o recoñecemento máis destacado, o dos propios veciños, xa conta con el incluso antes da valoración do Intermodes. Unha comitiva de Pontevedra, co seu Alcalde Miguel Anxo Fernández Lores á cabeza, acudirán a Bruxelas o vindeiro día 6 de febreiro para recibir este premio nun Congreso sobre mobilidade a celebrar na Sé da Unión Europea.

    Redacción Salnés