Alfonso Castro postúlase como candidato á presidencia da ARE

    RIANXO> Entre os seus obxectivos figura abrir a entidade ós socios, buscando a unión de todos en favor do empresariado local. Nun concorrido acto celebrado onte pola noite nun restaurante da localidade, Alfonso Castro presentaba oficialmente a súa candidatura, formada maioritariamente por xóvenes empresarios, que pretenden darlle aires novos á entidade. Acompáñano na lista, Mirian del Río e Rafael Maroñas, coma vicepresidentes, David Alcalde, coma interventor, Vicente Martínez coma tesoureiro e Luís Duro coma secretario. A súa candidatura xorde como alternativa ó actual presidente en funcións, Felipe Ordoñez, que leva máis de dúas décadas á fronte da patronal rianxeira. Entre os seus obxectivos figura abrir a entidade ós socios, conseguindo a unión de todos en ben do empresariado local. No seu programa figuran a dinamización do comercio e da hostalería local, a través de actividades consensuadas cos propios asociados, a creación dun centro de asesoramento, a realización de plans de formación ou o impulso do actual polígono industrial de Té, hoxe paralizado, así como tamén a consecución do tan ansiado PXOM. Nos próximos días iniciarán tamén unha rolda de visitas por tódalas empresas asociadas coa finalidade de obter o apoio para a súa candidatura a través do voto delegado. As eleccións á xunta directiva da ARE terán lugar o vindeiro 7 de marzo na propia sede da entidade, ás nove da noite. O prazo para a presentación de candidaturas estará aberto ata o día 5. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/21/eleccionsasociacionempresariosrianxo210214.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/21/eleccionsasociacionempresariosrianxo210214.mp4{/flowplayer}