BOIRO> O concello de Boiro busca voluntarios para a agrupación municipal de Protección Civil. O obxectivo é reforzar o servizo con persoal de apoio que poida colaborar na organización de eventos especiais ou emerxencias.
Na actualidade, a agrupación de Protección Civil de Boiro está integrada por dezaseis profesionais. A intención do concello é reforzar a plantilla coa incorporación de voluntarios que poidan prestar servizos de apoio en eventos excepcionais ou fronte a situación de emerxencia.
A bolsa para inscribirse xa está aberta e conta xa con varios integrantes que deberán realizar a formación básica en materia de prevención e emerxencias.