Conclúe o curso de atención sociosanitaria de Porto do Son

    PORTODOSON> A directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz López, clausurou o curso. O acto celebrouse no Centro de Interpretación do Castro de Baroña.

    Un total de 30 persoas, na súa maioría mulleres, recibiron esta mañá en Porto do Son os diplomas que as certifica ter participado no curso de atención sociosanitaria a persoas no domicilio organizado pola consellería de Traballo e Benestar, en colaboración co propio concello sonense, e que veu desenvolvéndose nos últimos meses. O acto estivo presidido pola directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz, quen destacou a importancia desta acción formativa, na que a Xunta investiu máis de 56 mil euros. Segundo ela a realización deste curso permítelle a estas mulleres e homes a obtención dun certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado. O acto contou ademais coa presenza do alcalde, Luís Oujo, entre outras autoridades a nivel local, quen incidiu tamén na importancia da formación, de cara a mellorar a accesibilidade ó cada vez máis complexo mundo laboral.