Novos roubos a embarcacións no porto de Ribeira

RIBEIRA> Na última semana ata un total de sete barcos foron obxectivo dos ladróns. Dende a confraría ribeirense piden unha actuación urxente a Portos de Galicia para evitar que este tipo de sucesos sigan producíndose.

Así de contundete se mostraba o patrón maior, José Antonio Pérez. Na última semana ata sete barcos sufriron a visita dos cacos, algún ata en dúas ocasións.

Dende a Confraría culpan a Portos de Galicia desta situación, como ente responsable da seguridade no peirao.