RIBEIRA> Comeza a instalación dos paneis fotovoltaicos na depuradora de Couso, en Ribeira. Con esta actuación búscase reducir o consumo enerxético así como minimizar a pegada medioambiental da instalación a través da produción de enerxía renovable.
A estación depuradora de Couso reducirá notablemente o seu consumo enerxético coa instalación de 228 paneis fotovoltaicos: unha das actuacións derivadas da adxudicación dos servizos de explotación e mantemento das dúas EDAR do municipio á empres FACSA. O aforro enerxético traducirase na redución de emisións de gases de efecto invernadoiro estimadas en 23 toneladas métricas de CO2 anuais non emitidas á atmosfera, coa conseguinte minoración da pegada de carbono.
Este aforro repercutirá tamén no peto dos contribuíntes posto que implicará unha redución dun 10 por cento na tarifa de depuración a partir do próximo ano.