RIBEIRA> A actuación consistirá basicamente na renovación de servizos e pavimentación dun tramo da rúa dos Remedios, situada no barrio de Deán Pequeno, cun investimento de máis de 106 mil euros. Esta obra forma parte do Plan de Obras e Servizos da Deputación, POS 2014, en substitución á que estaba previsto acometer no entorno da capela da Guía. Esta modificación, que será sometida o próximo luns á consideración do pleno da corporación, realízase ante a imposibilidade de saber con certeza se o Concello contará en prazo coa preceptiva autorización da Igrexa para poder afrontar a acción planificada para a zona da Capela en Carreira. A pesar diso, fontes municipais confirmaron xa que esta última actuación será executada de igual forma, con cargo ós propios fondos municipais, unha vez se dispoña da aprobación do órgano eclesiástico
Inicio Barbanza - Muros - Noia











