Boiro prepárase para a oitava edición dos Encontros Arqueolóxicos

BOIRO> A cita desenvolverase esta fin de semana na casa de cultura de Boiro e nela daranse cita reputados investigadores tanto a nivel nacional coma internacional. Apenas queda un día para o inicio dos ‘Encontros Arqueolóxicos do Barbanza’ que organiza o concello de Boiro en colaboración con diversas entidades, como é o caso da Deputación da Coruña ou a Universidade de Santiago, e as trescentas prazas de inscrición xa están practicamente cubertas. Un ano máis as charlas desenvolveranse na casa da cultura Ramón Martínez López, na Cachada. Arrancarase mañá sábado ás dez e media coa inauguración dos encontros por parte da Secretaria Xeral de Turismo, Nava Castro, o vicepresidente da Deputación da Coruña, Antonio Cañas, e a delegada do Goberno na Coruña, Belén do Campo, así como tamén o propio alcalde, Xoán Xosé Dieste. A partir de aí desenvolveranse distintos relatorios e coloquios nos que tomarán parte reputados investigadores no ámbito da arqueoloxía, como é ocaso de Gonzalo Ruiz Zapatero, catedrático de Prehistoria da Universidade Complutense de Madrid que ofrecerá unha conferencia baixo o título ‘O caleidoscopio “celta”: mito, arqueoloxía, divulgación e percepción popular’ ou Vicente Lull Santiago, catedrático de Prehistoria na Universitade Autónoma de Barcelona que disertará sobre o proyecto da Bastida de Totana. Os encontros complementaranse tamén coa presentación de dúas exposicións, unha bibliográfica titulada ‘A consquista do Novo Mundo e as culturas pre-colombinas’ e outra fotográfica baixo o título ‘A Gallaecia romana’. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/21/previoencontrosarqueoloxicosboiro210214.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/21/previoencontrosarqueoloxicosboiro210214.mp4{/flowplayer}