Comeza a funcionar a zona azul no centro de Ribeira

    zonaazul_100_080409.jpgRIBEIRA> A partir do luns día 13 entrará en funcionamento a zona azul na rúa Mariño de Rivera e na praza dos Mariñeiros.

    {flowplayer}barbanza/zonaazul.flv{/flowplayer}

    Tras varios meses consensuando os criterios da nova ordenanza reguladora do aparcamento que permitirá a implantación da zona azul en varias rúas do concello,  o edil responsable do tráfico, Francisco Sieira, presentou o funcionamento deste sistema que comezará a funcionar o próximo luns día 13. I

    nicialmente, implantarase na rúa Mariño de Rivera e na praza dos Mariñeiros, e en función dos resultados estudarase a súa extensión a outras zonas como a rúa Rosalía de Castro e as inmediacións do mercado municipal.

    O sistema, pioneiro en toda España, incorpora un GPS que controlará mediante satélite o tempo de estacionamento dos vehículos en cada unha destas rúas, unha vez introducida a matrícula, de xeito que non exceda a hora e media. Transcorrido este tempo, os condutores non poderán volver aparcar na mesma rúa ata dúas horas depois.

    Do contrario poderán ser sancionados cunha multa de noventa euros e se exceden o dobre do tempo permitido, é dicir tres horas, mesmo poderá procedersa á retirada ou inmobilización do vehículo.

    Dinamización do pequeno comercio

    A incorporación da sinal por satélite permite implantar este sistema sen necesidade de colocar discos nin tarxetas identificativas nos vehículos. O obxectivo que se persegue é mellorar a fluidez do tráfico de xeito que se dinamice o comercio local, polo que a ordenanza se elaborou en colaboración coa Asociación de Empresarios de Ribeira, que levan anos reclamando a implantación dun sistema que regule o estacionamento nas principais rúas da vila.

    O horario será de luns a venres, de nove a dúas e de catro a oito e os sábados pola mañá. Durante a próxima semana, a primeira en que se comeza a aplicar a zona azul, os axentes da policía local dedicaranse a informar sobre a súa implantación. Transcorrida esta semana comezaranse a tramitar as denuncias de aqueles condutores que excedan o tempo de aparcamento permitido.

    Redacción Barbanza