Os alcaldes do Barbanza coñecen as principais liñas das novas directrices da paisaxe

RIBEIRA> O director do Instituto de Estudo do Territorio mantivo unha xuntanza coas alcaldes de Ribeira  e Porto do Son para trasladarlle as novas directrices da Paisaxe que veñen de ser aprobadas pola Xunta. O documento, que establece unha serie de normas e recomedacións, entrará en vigor o próximo 20 de febreiro.

Ribeira acolleu esta mañá a primeira das xuntanzas que o Instituto de Estudo do Territorio, dependente da Xunta, manterá con representantes de tódolos concellos galegos para presentar as Directrices da Paisaxe que entran en vigor o próximo día 20.

Ademais do director do instituto e do alcalde ribeirense asistiron á reunión o delegado provincial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e o alcalde de Porto do Son. Os responsables autonómicos informaron las liñas principais deste documento que establece unha serie de normas e recomendacións relativas á paisaxe que, a nivel municipal, afectan principalmente ó planeamento urbanísticos. As directrices non teñen carácter retroactivo polo que non afectan ós plans xa en vigor pero si a calquera modificación puntual ou plan parcial que executen os pretendan aprobar as corporacións locais.

Ademais de establecer as normas para as áreas interese e para as de especial atención paisaxística, xa delimitadas nos catálogos da paisaxe, o documento aborda temas de gran importancia para a comarca do Barbanza como as cuestións relativas ós parques eólicos e plans forestais.

No transcurso da xuntanza os alcaldes tiveron ocasión de transmitirlle algunhas dúbidas sobre as competencias municipais relativas, por exemplo, á obriga de soterrar as canalizacións.

As novas directrices establecen a obriga de que tódalas actuacións acometidas en materia de telecomunicacións ou instalación de redes contemplen o soterramento do cableado.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí