Éxito total na estrea do programa de fomento transporte público ‘Riveira Move’

RIBEIRA> Dende primeira hora de esta mañá, numerosos usuarios déronse cita na estación de autobuses para facerse coa tarxeta que permitirá obter descontos en cada viaxe. O anuncio da entrada en funcionamento do programa Ribeira Move annimou a numerosos veciños a facer cola dende primeira hora da mañá para facerse coa tarxeta moedeiro que incorpora descontos nas viaxes. Os traxectos regulares pasarán a custar un euro e haberá tarifas especiales para escolares. Trátase dunha colaboración entre o concello de Ribeira e o grupo Ferrín, responsable das liñas de transporte no termo municipal. O obxectivo deste programa é fomentar o uso de transporte público e reducir o número de vehículos privados para os desprazamentos dentro do municipio. As persoas interesadas en obter a tarxeta tan só teñen que solicitala na terminal de autobuses en horario de dez e media da mañá e pola tarde de sete e media a oito e media.